top of page
IMG_5714.jpeg

O Proxecto

Esta reportaxe multimedia foi realizada como Traballo de Fin de Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela no curso académico 2025-2026. 

​

Falas de salga e terra é unha reportaxe multimedia que, desde o xornalismo ambiental e local, explora as dificultades que atravesan os municipios costeiros de Galicia menos poboados á hora de conservar os seus ecosistemas naturais. 

 

O propósito deste proxecto foi o desenvolvemento dunha páxina web que reunise as voces das persoas implicadas na conservación da ría de Aldán para reflectir unha realidade frecuentemente invisibilizada pola beleza paisaxística da contorna.

​

Comparte os teus pensamentos ou vivencias!

Agradecementos

A todos e todas os que colaboraron e formaron parte deste proxecto, 

Claudio Lamosa, Fernando González, Daniel Rey, Jesús S. Troncoso, Merchi Villar, Hugo Albés, Luis Mª Pérez, Anxo Coya

O autor

Eu son Javier Rodríguez González, estudante de último ano do dobre grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual.

Aínda que son de Vigo, pasei a maioría dos meus veráns nas praias da ría de Aldán. Foi, precisamente, o meu descoñecemento o que me impulsou a investigar sobre as iniciativas cidadás dedicadas á protección deste territorio durante os doce meses do ano. 

A elaboración da reportaxe permitiume coñecer de preto numerosos aspectos da contorna e das persoas do lugar, unha experiencia especialmente enriquecedora que contribuíu a reforzar a miña paixón polo xornalismo e polo descubrimento de historias persoais.

Con esta peza preténdese poñer en valor o poder da cidadanía organizada, esencial na defensa e conservación daqueles espazos que adoitan contar con menos atención institucional, mais que continúan a enfrontar diversas ameazas.

bottom of page