top of page
DIBUJO_HUGO.png

Hugo Albés é administrador e instrutor de mergullo en Buceo Rías Baixas

Preto de oito anos son os que leva Buceo Rías Baixas ensinando a técnica de respirar baixo a auga da ría. Hugo Albés e o seu equipo ofrecen cursos e inmersións a mergulladores principiantes e afeccionados.

Para eles, máis que un mero espazo de traballo, o mar é un ecosistema a protexer. Así, abriron unha liña de actuación ambiental destinada a mitigar os silenciosos impactos que o fondo mariño sofre da actividade humana. 

PORTADA_HUGO.jpeg
Vídeo propio. Autoría: Javier Rodríguez

Máis aló da propia recollida de lixo, o clube trata de complementar as limpiezas desde unha vertente máis pedagóxica. Nesta liña, ofrecen obradoiros como, por exemplo, un dedicado á confección de velas artesanais cos residuos extraídos do fondo da ría. O administrador destaca a participación dunha ”chica que se dedicaba á artesanía que lle deu clases aos participantes”, nas que aprenderon a diferenciar os distintos residuos, xa que “non valía todo o lixo para incluír na vela”. 

 

Así, poñendo en valor a economía circular e a reciclaxe, adoitan incorporar unha perspectiva didáctica, en colaboración con biólogos e distintos profesionais, cos que pretenden lograr unha toma conciencia por parte da cidadanía sobre a importancia de preservar o entorno.

Esta cooperación con profesionais doutros ámbitos é un aspecto crucial á hora de sacar proveito das limpezas, buscando sempre crear un clima de reflexión e aprendizaxe. En consecuencia, tamén logran un impacto nos medios de comunicación, co que logran poñer o foco na necesidade de preservar a riqueza da ría.

GOPR7888.JPG
Artes de pesca abandonadas no fondo da ría de Aldán I Cedida por Hugo Albés

As limpezas que en ocasións organizan desde Buceo Rías Baixas son un labor sen ánimo de lucro en beneficio da comunidade no seu conxunto.

A súa finalidade é, sobre todo, contribuír á concienciación da sociedade e aportar o máximo posible á protección dun espazo impactado desde diversas vertentes. 

Máis aló da complexidade que supón compaxinar este tipo de actividades desinteresadas co ritmo de traballo diario, Hugo sinala a excesiva burocratización como un freo importante. “Poderíanse facer moitas cousas pero a nós póñennos trabas”, recoñece. Os trámites que conleva a xestión de residuos e a necesidade de aumentar o persoal convértense no principal escollo das limpezas. 

 

As redes pantasma

Como todo sector relacionado co mar, os instrutores de mergullo dependen do seu bo estado para poder manter a súa fonte de ingresos. Así, desde Buceo Rías Baixas sinalan as artes de pesca abandonadas ou “redes pantasma” como un dos factores que ameazan a súa contorna. 

Vídeo propio. Autoría: Javier Rodríguez. Inclúe imaxes cedidas por Hugo Albés
Redes pantasma
Buceo Rías Baixas recolle lixo na ría de Aldán I Cedida por Hugo Albés

Se ben Hugo sinala que “aínda é necesario unha maior conciencia con respecto ao fondo mariño”, o instrutor observa unha tendencia positiva no compromiso da cidadanía, cada vez máis preocupados pola protección do medio co paso dos anos.

 

Non obstante, tamén recoñece certas limitacións no seu propio alcance. Aínda que tratan de acadar a maior difusión a través das redes sociais, existe un segmento do público interesado —como poden ser os habitantes das parroquias que circundan a ría de Aldán— ao que lles resulta máis difícil chegar. Isto débese, en gran medida, ao longo proceso de trámites administrativos que supón a instalación de exposicións e outros dispositivos informativos. 

bottom of page