top of page

Claudio Lamosa é o presidente da plataforma cidadá Augas Limpas

DIBUJO_CLAUDIO.png

O que hoxe é unha plataforma cidadá dedicada á defensa da ría de Aldán naceu hai dez anos no contexto dun proxecto escolar destinado á cativada.

O profesorado e o alumnado do CEIP do Hío —onde Claudio traballou durante 38 anos e dirixiu durante 15— investigou e divulgou sobre o estado ambiental da ría, afectada especialmente polas verteduras de augas fecais. Hai dous anos, a iniciativa transcendeu as paredes do colexio co obxectivo de lograr un impacto a nivel institucional.

PORTADA_CLAUDIO.jpeg

O servizo público de saneamento é o sistema de sumidoiros e estacións de bombeo encargado de conducir as augas residuais desde os fogares ata as estacións depuradoras. Para que funcione correctamente, o volume de auga non debe superar a capacidade da infraestrutura que a transporta.

 

Cando, ademais das augas residuais, se infiltran na rede augas de chuvia ou outras augas limpas (como as subterráneas ou procedentes de fontes e mananciais), prodúcense sobrecargas que se contrarrestan mediante vertidos de alivio

Claudio, xunto cos colectivos membros de Augas Limpas, denuncia a deficiencia da infraestrutura de O Hío e Aldán, que provoca vertidos recorrentes de augas residuais na ría. Nesta liña, mobilízanse para estudar a fondo o terreo, realizando un censo de puntos de infiltración para acelerar a toma de decisións 

Vídeo propio. Autoría: Javier Rodríguez
MVI_2489.MP4
Regato en Vilariño, O Hío I JAVIER RODRÍGUEZ
Vídeo propio. Autoría: Javier Rodríguez

A resposta institucional ante un problema estrutural

A problemática dos vertidos de augas residuais non é un fenómeno illado, senón a manifestación local dunha realidade máis ampla que leva anos sendo sinalada desde Europa, onde se insiste na necesidade de garantir sistemas eficaces de saneamento en todo o territorio. 

 

En Galicia, esta presión traduciuse nunha evolución normativa que abriu a porta a unha maior implicación da administración autonómica, permitindo que os concellos poidan ceder a xestión de determinadas infraestruturas cando non teñen capacidade para asumila. 

 

Porén, estes mecanismos dependen en gran medida da iniciativa e dos tempos administrativos, o que na práctica adoita derivar en procesos lentos e desiguais. En núcleos de menor tamaño, como Aldán ou O Hío, esta demora pode ser aínda máis acusada, prolongando no tempo deficiencias estruturais que se traducen en vertidos recorrentes e evidenciando a dificultade de trasladar os cambios legais ao funcionamento real das infraestruturas.

 

 

 

 

 

 

 

A pesar da magnitude desta problemática, o representante de Augas Limpas identifica á plataforma como “o primeiro colectivo en Galicia que o está denunciando dunha maneira sistemática”. Ademais, recoñece que outros sectores tratan de convivir con esta realidade, sen tratar de poñerlle freo porque, segundo di, “alertar de que as nosas augas están contaminadas por fecais pode ter consecuencias negativas a nivel económico”. Porén, Claudio ten claro a urxencia de denunciar esta situación e que seguirán a loitar ata conseguir unha política efectiva para lle facer fronte. 


 

"Entendemos que esta problemática da contaminación por fecais ten que estar á marxe da lea política. É dicir, estea quen estea gobernando, estea quen estea na oposición, esta situación tería que ir mellorando progresivamente, polo que todos deberían axudar no proceso. Isto é moi complicado, porque as relacións entre partidos son moi complexas, está todo moi tirante, pero dentro das nosas posibilidades tratamos de manter as portas abertas para dialogar cos partidos que están gobernando en Cangas e manter liñas de diálogo cos partidos da oposición para intentar que ao final se logren accións en positivo", sinala o presidente de Augas Limpas. 


sumidoiro no hio.png
Sumidoiro no Hío I JAVIER RODRÍGUEZ
viñariño.png
Regato en Vilariño, O Hío I JAVIER RODRÍGUEZ

A pesar de que o marco normativo vixente xa contempla a mellora do saneamento nas aglomeración de Cangas, a realidade é que a súa aplicación avanza de forma fragmentada e a ritmos moi desiguais. Claudio sinala que a complexidade administrativa, a dependencia de distintas institucións e a necesidade de importantes investimentos fan que as actuacións se desenvolvan de maneira parcial e máis lentamente do que a sensibilidade ambiental de espazos como a ría de Aldán esixiría. Esta falta de axilidade na execución deixa aínda sen resolver deficiencias estruturais que se traducen en episodios recorrentes de vertidos, especialmente en situacións de choiva ou de alta presión sobre a rede.

 

“A nivel institucional si que se están dando pasos, o que sucede é que son pasos a un ritmo demasiado lento. Gustaríanos que a toma de decisións fose máis rápida e máis efectiva. Entón claro, gastáronse cartos porque se melloraron os motores de bombeo, fixéronse canalizacións en zonas nas que había infiltracións, pero atendeuse  a unha parte moi pequena da problemática”, recoñece Claudio. 

Da lei á aplicación

Para entender a complexidade dunha problemática global que adoita pasar desapercibida nos medios, é necesario atender ao marco normativo, que abrangue desde as directivas europeas ata o ámbito municipal. Para afondar na regulación dos vertidos de augas residuais, a seguinte presentación interactiva recolle os principais elementos legais.

Elaboración propia. Fontes: BOE, DOG 
bottom of page