top of page
IMG_8460-copy copy_edited_edited_edited.

MASA E ZARAGALLADA

A sinxela complexidade da empanada galega

BENVIDA

O PROXECTO

​Non fai moito ruído, pero sempre está presente en todos os fogares do país. É raro que a empanada acapare o foco de atención, malia ser un piar da gastronomía galega. De aí o noso obxectivo de reivindicala como un dos pratos máis importantes da nosa cultura, historia e tradición. Un prato de múltiples formas, tamaños, recheos e masas que sacia por igual a todas as xentes que se reúnen en torno a el.

WhatsApp Image 2025-12-03 at 19.55_edited.png

JORGE GUITIÁN

Conversamos co xornalista gastronómico especializado na empanada galega para coñecer todos os enigmas do prato. 

WhatsApp Image 2025-12-03 at 20.16_edited.jpg

PAN DA MOA

Unha panadería compostelá que combina tradición e vangarda. Coámonos en Pan da Moa para ver como fan as súas famosas empanadas.

WhatsApp Image 2025-12-03 at 20.13_edited.jpg

A PIRETA

En Rianxo saben ben como facer as empanadas de berberechos con masa de millo (e con cuncha!). Belén comparte connosco os segredos da panadería A Pireta.

Historia

UN MANXAR MILENARIO

Ben é sabido que non hai unha data concreta sobre a que fixar o nacemento da empanada galega. Iso si, os nosos devanceiros xa traballaban coa fariña de trigo desde a Idade Antiga, cando celtas e romanos se desputaron a soberanía sobre Gallaecia. Séculos máis tarde, déronse de conta de que transportar as carnes e viandas en recipientes de cerámica podía resultar complexo durante as longas viaxes.

Foi entón cando o enxeño se uniu coa gula para dar coa solución a este problema loxístico: encofrar os alimentos entre dous pans. Así naceu a empanada medieval galega, cuxa evolución chega ata os nosos días tal e como se amosa na seguinte liña de tempo interactiva.

variedades

NA VARIEDADE RESIDE O GUSTO

mosaico de recheos

É moi difícil imaxinar un prototipo de empanada galega, xa que cada poucos quilómetros as receitas poden variar o recheo, o produto e a masa. 


Porén, é certo que hai determinadas variedades de empanadas que se poden relacionar cunha área xeográfica concreta.

A PIRETA

O SABOR DO MAR NUN PETISCO

Rianxo é terra de mariñeiros, pero tamén de empanadas. Os produtos do mar que atracan nesta vila do Barbanza son aproveitados polos negocios locais, como é o caso d’ A Pireta, unha panadería familiar en activo desde o ano 1938.

Aquí, Belén Franco prepara unha variedade de empanada moi típica na contorna das Rías de Arousa e Noia: feita con fariña milla e cun recheo de cebola rustrida e berberechos… con cuncha!

Receitas caseiras

DE BOCA A BOCA

Detrás de cada empanada hai unha historia familiar agochada entre fariña e compango. Un legado culinario transmitido de xeración en xeración a través da voz dos nosos, que comparten toda súa sabedoría tras os fogóns. É por iso que xorde estes receitario para conservar un anaco da gastronomía galega e estendelo a toda a comunidade de fans da empanada. 

Ingredientes para a masa: 0,5 kg de fariña de trigo, un chisco de sal, un ovo, 1/2 vaso de aceite de xirasol, 1/2 vaso de auga e 1/2 vaso de viño branco. Para o recheo: A carne que sobre logo de comer un cocido (tenreira, xamón, chouriza, chourizo ceboleiro e touciño) e un chisco de azafrán

Empanada de roupa vellaMª Jesús Gómez
00:00 / 02:54

Receita caseira de empanada de raxo, champiñóns e pementos. 

Igredientes: 0,5 kg de raxo, 0,5kg de champiñóns, 1 pemento vermello, dentes de allo ao gusto, sal, pementón, 0,5 kg de fariña de trigo, 1 vaso de aceite escoado da zaragallada. 

Empanada de raxo, champiñóns e pementoBeatriz González
00:00 / 02:15

Ingredientes para a zaragallada: 1,5 kg de polbo  1,5/2kg kg de cebola, 1 taza grande de aceite de oliva, pementón doce e picante (a gusto), sal

Para a masa: 1kg de fariña, 1 taza de auga, Sal, 1 taza do aceite escoado da zaragallada

Empanada de polboAntón
00:00 / 02:17

Convidámoste a formar parte do noso audio-receitario! 

WhatsApp Image 2025-12-03 at 20.26.16.jpeg
PAN DA MOA

Á VANGARDA DA TRADICIÓN

En Pan da Moa respírase frescura e innovación cada vez que preparan as súas barras de pan, minipizzas e, por suposto, as súas empanadas.

Guille Moscoso e o seu equipo coidan cada detalle na elaboración dos produtos, respectando a herdanza da cociña tradicional galega e combinándoa con novas formas de produción.

De feito, foron unha das primeiras panaderías en traballar con masa nai en todo Santiago de Compostela, onde son ben coñecidos polo seu labor.

bottom of page